CRTVG

Buscar

Tucu Hernández, baixa contra o Xirona por lesión muscular

Publicado o 29/09/2017 15:32

 esta noite en Balaídos ponse en marcha a sétima xornada de liga. Despois de golear en Ipurúa, o Celta recibe o Xirona.

E, atención, porque Unzué non poderá contar co Tucu Hernández para o partido desta noite. O Tucu sufriu unha rotura fibrilar na súa perna esquerda. Estará dúas semanas de baixa. Radoja ten a alta médica pero non entrou na lista.O inicio ligueiro do Celta foi irregular... nunha liga da que xa caeron tres adestradores. Unzué non está preocupado. O seu proxecto precisa de máis tempo para que madure.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/09/2017