CRTVG

Buscar

Miguel Franqueiro, de Sober ao Teatro Alla Scala de Milán

Publicado o 17/07/2019 21:10
Miguel Franqueiro, de Sober ao Teatro Alla Scala de Milán

Hoxe era día de felicitacións. Os compañeiros músicos de Miguel Franqueiro acaban de saber que o tuba e director da Banda de Sober cumpre un soño: entrar na Orquestra do Teatro Alla Scala de Milán.

40 músicos presentáronse a estas probas, en que debían tocar dúas tubas a pano pechado para manter o anonimato. Só pasaron tres, que tiveron que tocar, ademais, un intrumento tradicional italiano, o cimbasso.

Mañá Miguel marcha para Barcelona para tocar no Liceo. Despois ten un concerto coa Real Filharmonía na Quintana. E seguirá dirixindo a banda de Sober, iso si, pensando en pasar xa longas tempadas en Milán, no templo mundial da ópera.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/07/2019