Trump volve á campaña e asegura que xa venceu o "horrible virus da China"
Publicado o 12/10/2020 09:54

O presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, reiterou que estaba listo para volver á batalla, logo de asegurar que lograra vencer o que denominou "horrible virus da China.
Cando quedan tres semanas para as eleccións presidenciais, Trump dixo que xa era inmune ao coronavirus e que se sentía fantásticamente. Os médicos limitáronse a informar de que tiña menos carga vírica pero non falaron de inmunidade.
Trump ten previsto hoxe un novo mitin en Florida, o primeiro desde que o pasado día 2 dese positivo por coronavirus.
Máis sobre Política
18/01/2021 17:08
18/01/2021 16:50