CRTVG

Buscar

Trump trata de frear a publicación do libro dun exasesor que non o deixa en moi bo lugar

Publicado o 18/06/2020 23:04
Trump trata de frear a publicación do libro dun exasesor que non o deixa en moi bo lugar

O Goberno de Donald Trump interpuxo unha orde de emerxencia coa que busca que a Xustiza bloquee a publicación do libro do seu e-asesor de seguridade nacional John Bolton, cuxos detalles xa saíron á luz nas últimas horas. "Os EUA solicitan a este tribunal que faga cumprir ao acusado coas obrigacións legais que asumiu libremente como condición para recibir acceso a información clasificada e evite o dano á seguridade nacional que resultará se o seu manuscrito se publica no mundo", indica a demanda.

Medios estadounidenses filtraron algúns extractos do libro de Bolton, titulado The Room Where It Happened: A White House Memoir, que ofrece a imaxe dun Donald Trump que se deixa influír por líderes internacionais e que ignora conceptos básicos de política exterior, como que Finlandia non é parte de Rusia.

O presidente advertiu de que Bolton terá "un problema criminal moi grave" se segue adiante co seu plan de publicar o libro. Donald Trump asegurou este xoves no The Wall Street Journal que o único que lle gustaba do seu exasesor de seguridade é que "todo o mundo pensaba que estaba tolo".

O avogado de Bolton, Charles Cooper, argumentou que o libro non contén ningún material confidencial e que o seu cliente traballou co Consello de Seguridade Nacional da Casa Branca durante meses para permitirlles revisar o contido. 

Noticias web

18/06/2020