CRTVG

Buscar

Trump tentou destituir o fiscal especial que investigaba a trama rusa

Publicado o 18/04/2019 19:21
Trump tentou destituir o fiscal especial que investigaba a trama rusa

O presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, "implicouse en esforzos para coartar a investigación" do fiscal especial Robert Mueller, e as súas respostas escritas ás preguntas dese funcionario foron "inadecuadas", segundo a versión desclasificada hoxe do informe sobre a pescuda. "O presidente Trump reaccionou negativamente ao nomeamento do fiscal especial. Díxolle aos seus asesores que era o fin da súa presidencia", sinala a versión do informe publicada polo Departamento de Xustiza.

Trump "tentou que se despedise ao fiscal especial, e implicouse en esforzos para coartar a investigación do fiscal especial e evitar a divulgación de probas á mesma, incluído mediante contactos públicos e privados con testemuñas potenciais", agrega.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/04/2019