CRTVG

Buscar

Trump supera o "impeachment"

Publicado o 13/02/2021 23:44
Trump supera o "impeachment"

Trump celebra a súa absolucion

 O expresidente norteamericano, Donald Trump, foi absolto no xuízo político celebrado na súa contra no Senado e no que estaba acusado de incitar á insurreccion. Polo tanto, Trump sálvase da inhabilitacion. Os demócratas votaron en bloque por consideralo responsable do asalto ó Capitolio, pero unicamente conseguiron o apoio de sete senadores republicanos. 57 lexisladores votaron a prol da condena fronte a 43 en contra. A maioría para que prosperase a condena estaba situada en 67.
Tras coñecer o resultado, Trump avisou que o seu movemento para facer a EEUU grande de novo só acaba de comezar. O expresidente xoga así coa posibilidade de volver á política pero sen ofrecer detalles concretos. En todo caso con anterioridade xa deixara aberta a porta a presentarse ás presidenciais de 2024.