CRTVG

Buscar

Trump reiterou seu compromiso de retirarse do acordo climático de París

Publicado o 01/12/2018 21:39

Acordo entre os principais xefes de Estado e de Goberno do mundo no cumio do G20 pero non nos dous temas centrais: o libre comercio e o cambio climático. O Grupo dos 20 pactou unha reforma da Organización Mundial do Comercio e comprometeuse a traballar en "migración e refuxiados" a pedido de España, que participa como convidada permanente nesta xuntanza.


Si, como estaba previsto o documento deste cumio de líderes evitou referirse as tensións no comercio internacional, encabezadas polos EEUU e A China, e fala simplemente de revitalizalo multilateralismo e da preocupación que existe polo cambio climático. Non hai acordos claros polo tanto neste senso dos xefes de EStado e de Goberno máis importantes do planeta porque Donald Trump volveu xogar en contra.

O mandatario estadounidense reiterou o seu compromiso de retirarse do acordo climático de París, mentres os demáis líderes o consideraron irreversible e que o implementarían de inmediato. O que si apoiaron os 20 foi impulsala reforma da ORganización Mundial do Comercio, o que ocupa a maior parte do documento, pois sinalaron que non está a cumplir cos obxetivos.

España é convidada permanente desta xuntanza e Pedro Sánchez reivindicou as políticas que está a levar a cabo en materia de cambio climático e migración. Este último punto quedará pendente para o cumio do ano que ven pois aSinado o acordo, A ARxentina traspasalle a presidencia do bloque a Xapón que acollerá o cumio do ano que ven con varios temas de peso pendentes.

 

Noticias web

01/12/2018