CRTVG

Buscar

Trump quere que o muro de México sexa o máis grande posible e permita ver o outro lado

Publicado o 14/03/2018 08:53

O presidente dos Estados Unidos quere que o muro que separe de México sexa o máis grande posible e que permita ver o lado mexicano da fronteira. Son dúas das características que pediu Donald Trump onte en San Diego, California, a onde acudiu para inspeccionar os oito proxectos presentados para levantar o muro co que pretende frear a inmigración irregular e o narcotráfico.

Despois de ver os prototipos, Trump dixo que foi fascinante é que ten dous ou tres que funcionan realmente. O definitivo será o que resulte de unir unha serie de características dos diferentes proxectos. Aproveitou para apurar ao Congreso para que aprobe os 18.000 millóns de dólares que se prevé pode custar.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/03/2018