CRTVG

Buscar

Trump prioriza os méritos antes que xuntar familias na súa reforma migratoria

Publicado o 16/05/2019 22:02
Trump prioriza os méritos antes que xuntar familias na súa reforma migratoria

O presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, quere cambiar o sistema migratorio para darlle máis valor ao dominio do inglés que á reunificación familiar ou ao dereito de asilo. A reforma, deseñada polo seu xenro, supoñerá darlles máis facilidades para conseguir o visado a aqueles estranxeiros que teñan estudos superiores, falen inglés ou teñan ofertas de traballo por parte de empresas norteamericanas. A reforma, se se aproba, non soluciona o problema dos dreamers, os fillos dos inmigrantes ilegais que están no país.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/05/2019