CRTVG

Buscar

Trump pídelle á China que investigue o fillo de Biden, en plena tormenta política

Publicado o 03/10/2019 17:24
Trump pídelle á China que investigue o fillo de Biden, en plena tormenta política

O presidente estadounidense, Donald Trump, pediulle hoxe á China que investigue a Hunter Biden, fillo do ex-vicepresidente e aspirante demócrata á Presidencia, Joe Biden, polos seus negocios nese país, no medio da polémica xerada por unha demanda similar ao presidente de Ucraína.

"A China debería comezar unha investigación sobre os Biden. O que sucedeu na China é tan malo como o que sucedeu en Ucraína", dixo Trump aos xornalistas na Casa Branca antes de partir cara á Florida para un acto de campaña. O mandatario asegurou que, "certamente", podería pedirlle ao presidente chinés, Xi Jinping, que iniciase unha investigación sobre a actividade de Hunter Biden na China.