CRTVG

Buscar

Trump pasa as súas últimas horas como inquilino da Casa Branca

Publicado o 19/01/2021 16:30

Nos Estados Unidos, Trump vive as súas últimas horas como presidente. Na véspera da toma de posesión de Biden, xa está todo preparado en Washington.

A cerimonia de toma de posesión de Biden estará marcada polas restricións que impón a covid. Non haberá público na explanada fronte ao Capitolio. Pero, sobre todo, está marcada pola extrema seguridade tras o asalto a este edificio.

A capital do país é un fortín blindado con 25.000 efectivos da Garda Nacional. Non acudirá Trump, que ten marxe aínda para aprobar varios indultos. Mañá Trump tomará un avión á súa residencia da Florida sen facer ningún tipo de transición ao seu sucesor, como é tradición.

 

Noticias web

19/01/2021