CRTVG

Buscar

Trump ordena atacar Irán para rectificar pouco despois

Publicado o 21/06/2019 08:23
Trump ordena atacar Irán para rectificar pouco despois

O presidente Donald Trump aprobou este xoves bombardear Irán en represalia polo derrubamento dun dron estadounidense sobre o estreito de Ormuz e posteriormente retirou a orde. Segundo informa o xornal The New York Times, non queda claro se Trump mudou de opinión ou se se trata dun aprazamento. Previamente Washington prohibira ás aeroliñas comerciais estadounidenses sobrevoar territorio iraniano. Algúns membros da administración republicana esixíronlle ao presidente unha resposta contundente ao derrubamento do dron estadounidense.
 

Noticias web

21/06/2019