CRTVG

Buscar

Trump obriga o fiscal xeral dos Estados Unidos a presentar a súa renuncia

Publicado o 08/11/2018 16:02

Na resaca electoral dos Estados Unidos puidemos volver ao Donald Trump máis agresivo. Ataques aos demócratas, á prensa e mesmo cesamentos. A última vítima, o fiscal xeral. Dos ataques a prensa, a vítima foi o xornalista da CNN Jim Acosta, a quen a Casa Branca retirou a súa credencial permanente tras este enfrontamento verbal co presidente Trump. O xornalista recrimináballe que durante a campaña cualificase de invasión a caravana de migrantes. Trump respondeulle que era unha persoa groseira e terrible e que non debía estar traballando para a CNN.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/11/2018