CRTVG

Buscar

Trump expón a súa visión de América que para os demócratas afonda a fractura social

Publicado o 31/01/2018 15:20

 

Donald Trump No seu primeiro discurso sobre o estado da Unión,  fixo un chamamento á unidade, pero deixando claro que era necesario un maior control da inmigración. Os demócratas acusárono de fomentar o odio e de afondar a fractura social.

Cunha posta en escena que se repite cada ano, o presidente Trump chegou ao Capitolio para expor a súa visión dos Estados Unidos e do mundo  En política exterior foi moi breve e criticou con dureza a Corea do Norte, expuxo o seu descontento co acordo nuclear con Irán e defendeu as sancións impostas tanto a Cuba coma a Venezuela.

Xa metido en asuntos domésticos. Trump fixo un chamamento á unidade e dixo que América era forte de novo porque a súa xente tamén o era.

Trump reiterou que esta América forte e grande necesitaba fronteiras seguras e un maior control da inmigración para evitar, dixo, que criminais e terroristas entrasen en Estados Unidos. 

Os demócratas deron unha resposta contundente a Trump por boca do ultimo político saído do clan dos Kennedy.

Os matóns poden dar un puñazo e deixar unha marca, aegurou o congresista Joe Kenney III, quen acusou a Trump de buscar a fractura social e de fomentar o odio e a supremacía racial.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/01/2018