CRTVG

Buscar

Trump envía mil soldados a Oriente Medio pola crise con Irán

Publicado o 18/06/2019 12:24
Trump envía mil soldados a Oriente Medio pola crise con Irán

O Pentágono estadounidense aprobou o envío de mil soldados máis a Oriente Medio para facer fronte ao que denomina ameaza iraniana. Así o anunciou o secretario de Defensa en funcións, Patrick Shanahan, nun comunicado de prensa en que acusa a Irán de comportamento hostil contra as forzas estadounidense despregadas na rexión.

O xefe do Pentágono insiste en que non busca un conflito co país persa, ao que responsabiliza do recente ataque a dous petroleiros na zona, autoría que rexeita que o Goberno de Teherán.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/06/2019