CRTVG

Buscar

Trump empregou axudas militares para meterlle presión a Ucraína, segundo a prensa estadounidense

Publicado o 27/01/2020 09:53

Novas revelacións sobre Donald Trump e Ucraína. A prensa estadounidnese revela hoxe que Trump lle pediu ao que por entón era conselleiro de Seguridade Nacional, John Bolton, que conxelase a axuda de 391 millóns ata que este país colaborase na investigacion sobre o rival demócrata Joe Biden.

Unhas horas antes, os medios fixeron público tamén un vídeo en que Trump pide a un dos seus asesores que boten a embaixadora en Ucraína e que non lle importaba de que maneira.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/01/2020