CRTVG

Buscar

Trump anima os británicos a non pagar a factura do 'brexit'

Publicado o 04/06/2019 16:58

O presidente dos Estados Unidos segue de visita oficial no Reino Unido. Donald Trump mantén hoxe un tenso encontro coa primeira ministra británica, cando só faltan tres días para que May presente a súa dimisión. Trump segue pedíndolles aos británicos que deixen o club comunitario ás bravas.

Mentres Trump pide en Londres que os británicos desafíen á Unión Europea, en Bruxelas reúnense os coordinadores para o 'brexit' porque cada vez, din, ven máis posible que Londres pida un divorcio ás bravas.

O que busca Trump no Reino Unido é forzar unha saída dos británicos do club comuntiario canto antes, sen pacto, sen negociación. Quere o presidente estadounidense un Reino Unido fóra da Unión, que lles permita ás empresas dos Estados Unidos entrar no mercado británico e, ao tempo, lograr un gran pacto comercial entre os Estados Unidos e o Reino Unido, á marxe das normas comunitarias.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/06/2019