CRTVG

Buscar

Trump di que quere ir ao próximo debate electoral previsto para o día 15 de outubro

Publicado o 06/10/2020 20:51

Donald Trump di que quere acudir ao próximo debate electoral previsto para o vindeiro día 15 en Miami.

O presidente dos Estados Unidos fixo o anuncio 24 horas despois de saír do hospital onde ingresou tras dar positivo en covid-19 e de que o seu médico dixera que non está aínda fóra de perigo.

As eleccións á presidencia dos Estados Unidos celebraranse o 3 de novembro.

Noticias web

06/10/2020