CRTVG

Buscar

Trump nega que se referise a Haití, O Salvador e a países de África como "países de merda"

Publicado o 12/01/2018 15:21

Donald Trump desatou unha nova tormenta política despois de dicir, supostamente, que non entendía por que os EUA tiñan que ter tantos inmigrantes procedentes do que considerou como "países de merda". Foi diante dun grupo de congresistas cos que debatía un programa de protección migratoria para Haití, O Salvador e varios países africanos. O presidente foi acusado de vulgar, racista e ignorante. Trump admitiu hoxe que falou de xeito duro pero que non se pronunciara neses termos tan despectivos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/01/2018