CRTVG

Buscar

Trump designa a Amy Coney Barret como xuíza do Tribunal Supremo dos EUA

Publicado o 27/09/2020 11:37

O presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, propuxo este sábado a xuíza conservadora Amy Coney Barret para o Tribunal Supremo.

"Unha das mentes legais máis brillantes e talentosas", en palabras do máximo mandatario desde a Rosaleda da Casa Blanca. Barret é nai de sete fillos, dous deles adoptados en Haití e un con síndrome de Down.

A xuíza proposta promete ter presente o legado da falecida hai unhas semanas, Ruth Bader Ginsburg, a quen gabou por romper "os teitos de cristal" impostos ás mulleres e que "gañou a admiración das mulleres de todo o país".

Noticias web

27/09/2020