CRTVG

Buscar

Trump cre que o xuízo político contra el é "a maior caza de bruxas" dos EUA

Publicado o 01/11/2019 12:14

O Congreso dos Estados Unidos abríu formalmente o proceso de destitucion de Donald Trump. A maioría demócrata sacou adiante a votación que establece as normas deste proceso excepcional coñecido como impeachment.

A votacion deixou claro que non hai practicamente fisuras e que demócratas e republicanos teñen posicionamentos abertamente enfrontados sobre o proceso de destitución de Donald Trump.

232 votos a prol e 196 en contra sacaron adiante o que se considera o comezo formal deste proceso, coñecido como impeachment.

Algúns republicanos acusaron á maioría demócrata de empregar métodos propios da Unión Sovética para acabar con Trump.

Outros crén que no fondo a votación demostra o gran temor que teñen a non poder vencelo nas urnas.

Para a líder demócrata, Nancy Pelosi, a decisión non é motivo ningún de alegría porque o que está en xogo, dixo, é nada menos a que democracia.

Trump reaccionou de inmediato a esta decisión que considera a maior caza de bruxas da historia dos EUA.

En calquera caso, o aprobado onte abre as portas para a reclamación de documentos, audiencias públicas e publicación doutras comparecencias que se fixeron a porta pechada.

Todo para aclarar se Trump presionou ao presidente de Ucraína para que investigase a Joe Biden e poder prexudicar electoralmente ao home que aspira a ser o candidato demócrata á presidencia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/11/2019