CRTVG

Buscar

Trump confirma que os Estados Unidos ten interese en mercar a illa de Groenlandia

Publicado o 19/08/2019 11:57

O presidente dos Estados Unidos Donald Trump confirmou o interese do seu país e do seu goberno en mercar a illa de Groenlandia, a máis grande do mundo.
A illa, aínda que autónoma, esta xestionada politícamente por Dinamarca é ten un grande interese tanto xeoestratéxico como polos seus recursos naturais.
Trump recoñeceu por primeira vez en público o interese aínda que subliñou que non é unha cuestión prioritaria e que simplemente están a falar e estudar a posibilidade.
Dende Groenlandia aseguran que o país non está en venda e autoridades danesas tamén rexeitan un debate que cualifican de absurdo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/08/2019