CRTVG

Buscar

Trump marcha do cumio da OTAN tras publicarse un vídeo en que varios líderes se mofan del

Publicado o 04/12/2019 21:17


O presidente dos EUA, Donald Trump, confirmou hoxe que regresa ao seu país unha vez concluídas as súas reunións bilaterais no cume da OTAN en Watford, ao noroeste de Londres, e que non ofrecerá a rolda de prensa final, segundo sinalou na súa conta da rede social Twitter, despois de que anticipase esta posibilidade nunhas declaracións aos medios durante o seu encontro coa chanceler alemá, Angela Merkel.

Trump cancelou a súa comparecencia ante a prensa tras cualificar ao primeiro ministro de Canadá, Justin Trudeau, de ser unha persoa con "dúas caras" e de acusarlle de non contribuír o suficiente ás arcas da Alianza Atlántica. "Cando as reunións estean hoxe terminadas, vou volver a Washington. Non faremos a rolda de prensa ao terminar a OTAN porque xa fixemos moitas nos últimos dous días. Boa viaxe a todos!", chiou 

Trump criticou a Trudeau despois de que circulara por internet un vídeo gravado durante a recepción de onte á noite no palacio de Buckingham, no que se ve ao primeiro ministro canadense e a outros líderes mofándose do presidente e das súas longas roldas de prensa. "Bo, el ten dúas caras (...) é un tipo agradable. Atópoo agradable pero a verdade é que lle chamei (a atención) polo feito de que non está a pagar o 2% (do PIB á OTAN) e imaxino que non está moi contento por iso", afirmou Trump.

O vídeo mostra a Trudeau; ao primeiro ministro británico, Boris Johnson; ao presidente francés, Emmanuel Macron, e á princesa Ana, filla da raíña Isabel II de Inglaterra, aparentemente mofándose de Trump. A canle canadense CBC News puxo en Twitter unha versión editada dunha gravación da velada ofrecida por Isabel II atribuída ao " pool" que capta as imaxes dos mandatarios, que foi visualizada xa por mais de catro millóns de persoas.

Trump reiterou en Twitter que a OTAN fixo "grandes progresos" no últimos tres anos pois "moitos decidiron pagar "130.000 millóns de dólares (117.000 millóns de euros) máis ao ano e, para 2024, a cifra será de 400.000 millóns de dólares (360 millóns de euros). "A OTAN será máis rica e máis forte como nunca antes", concluíu. 

Noticias web

04/12/2019