CRTVG

Buscar

Trump busca apoio para levantar o muro na fronteira con México nun discurso televisado

Publicado o 09/01/2019 20:41

O presidente dos Estados Unidos dirixiuse á nación para defender o seu plan migratorio na fronteira con México. Desde o despacho oval pronunciou un discurso que buscaba convencer a poboación dunha grave crise humanitaria e mesmo de seguridade nacional. A intención non é outra que obter apoio para sacar os complicados orzamentos para levantar o muro, algo que continúa complicado.

O seu discurso foi seguido tamén ao outro lado, en México, onde moitos se reuniron arredor dos televisores por todo o país. Varios senadores demócratas pedíronlle a Trump que se deixe de rabechas e seguiron reclamando a reapertura completa da Administración, mentres se debate que facer coa fronteira.

Noticias web

09/01/2019