CRTVG

Buscar

Trump bloquea os bens do Goberno venezolano nos EUA

Publicado o 06/08/2019 19:20
Trump bloquea os bens do Goberno venezolano nos EUA

O Goberno do presidente venezolano, Nicolás Maduro, cualificou este martes como "unha nova e grave agresión" de "terrorismo económico" ao bloqueo total aos bens estatais venezolanos en territorio estadounidense anunciado pola Administración de Donald Trump.

Nun comunicado, o Goberno de Nicolás Maduro sostén que as autoridades dos EUA pretenden "formalizar o criminal bloqueo económico, financeiro e comercial" a través da orde executiva que entrou en vigor este luns e que conxela todos os bens estatais do Goberno de Venezuela en territorio estadounidense.

"Todos os bens e intereses en bens do Goberno de Venezuela que se atopan nos Estados Unidos (...) quedan bloqueados e non se poden transferir, pagar, exportar, retirar ou negociar con eles doutra maneira", determinou Trump nunha orde executiva que xa entrou en vigor.

Segundo o Goberno venezolano, as distintas medidas que aplicou Trump ocasionaron "severas feridas na sociedade venezolana durante os últimos anos" e buscan "aforcar o pobo venezolano" co fin de "forzar un cambio de goberno inconstitucional" en Venezuela. No comunicado, sostense que ademais do "roubo ilegal" de Citgo, a empresa filial de Petróleos de Venezuela (PDVSA) en chan estadounidense, e as sedes diplomáticas venezolanas, Washington procura "usurpar e saquear" os bens venezolanos. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/08/2019