CRTVG

Buscar

Os candidatos norteamericanos, Trump e Biden, lánzanse á conquista do medio oeste

Publicado o 31/10/2020 11:57

O presidente dos EUA, Donald Trump, e o aspirante demócrata á Casa Branca, Joe Biden, están inmersos nun frenesí de mitins e actos en estados do medio oeste do país, vitais con vistas aos comicios do próximo 3 de noviembre, co exvicepresidente liderando as sondaxes nacionais, con oito puntos de vantaxe.

A catro días da votación, os candidatos intensifican os ataques mutuos, coa pandemia da covid-19 de transfondo, con 9 millóns de casos activos no país e 229.347 mortes.Trump asegura que a fin da pandemia "esta á volta da esquina", mentres Biden insiste en que o presidente "está estragando a industria automobilística".

A cadena CNN informou de que máis de 6 millóns de persoas terían emitido xa o seu voto anticipado nos estados chave de Iowa, Míchigan, Minesota e Winsconsin, estados nos que Biden avantaxa a Trump cunha diferenza de entre 1,2 a 6,6 puntos. 

 

Noticias web

31/10/2020