CRTVG

Buscar

Trump anuncia que non asistirá á toma de posesión de Biden

Publicado o 08/01/2021 20:29

O mércores dixolles que os quería, pero este xoves Donald Trump referíase en termos ben distintos aos asaltantes do Capitolio: "o ataque atroz ao Capitolio dos Estados Unidos.Estou furioso pola violencia, a ilegalidade e o caos. A aqueles involucrados nos actos de violencia e destrución: non representades ao país. E aos que vulneraron a lei: ídelo pagar".

Trump tamén admitiu por primeira vez a súa derrota electoral e por primeira vez sen referencias a unha posible fraude: "unha nova administración vai chegará ao poder o 20 de xaneiro. Estou centrado en asegurar unha transición de poder suave, ordenada e sen problemas".

Unha transición á que o presidente saínte, anunciou por Twitter, non vai acudir. O xiro no seu discurso chega despois de escoitar críticas como as do senador republicano Lindsey Graham, "foi unha ferida autoinflixida, foi demasiado lonxe", e de que os líderes demócratas nas 2 cámaras instasen ao vicepresidente Mike Pence a activar a vixésimo quinta emenda.

Permitiría a destitución inmediata do presidente, aínda que para iso necesitaria o apoio da maioría do gabinete, algo complicado despois de que os máis críticos, como as secretarias de Tranportes ou Educación, presentasen a súa dimisión como protesta. O ataque ao Capitolio cobrouse este xoves a súa quinta vítima, un policía ferido nos altercados.

O xefe de seguridade do Congreso renunciou ao cargo ante as críticas pola facilidade con que a turba entrou no edificio.

Noticias web

08/01/2021