CRTVG

Buscar

Trump anota unha vitoria política con Kavanaugh como xuíz do Supremo

Publicado o 07/10/2018 16:49

O Senado dos Estados Unidos aprobou por 50 votos contra 48 a candidatura de Brett Kavanaugh como xuíz do Supremo.

Antes da votación, o presidente da cámara reclamou orde en varias ocasións polos berros de protesta que chegaban á sala.


Donald Trump celebrou a confirmación do xuíz, a quen cualificou de "persoa extraordinaria" e "con moito talento". O presidente asegurou que fará sentir os americanos moi orgullosos. O presidente, que acudiu a un mitin en Kansas, dixo que era unha vitoria para a nación, o pobo e a constitución.
Kavanaugh xurou o cargo nunha cerimonia privada dentro da sede do Tribunal Supremo, en Washington.


Ás portas do Senado, unha muller falaba de ira e desilusión e aseguraba que todas as mulleres que coñece están en contra.


Trump minimizou as protestas. Dixo que os manfiestantes non encherían nin un par de filas dun dos seus mitins e falou de novo de medios que menten para facer o asunto máis grande.

Noticias web

07/10/2018