CRTVG

Buscar

Trucos para superar con éxito as videochamadas con nenos

Publicado o 31/05/2020 19:26

Un dos retos que nos deixou a situación actual de pandemia foi o das videochamadas cos nenos. Porque non resulta nada sinxelo manter o contacto dos fillos coa familia a pesar da axuda tecnolóxica. Pero existen trucos para acadar o éxito nesas chamadas. Iso si, sempre dependen do adulto.

Atraer e conservar a atención dos nenos é complicado. Pretendemos solucionar a distancia coa familia grazas ás videochamadas e ese é un reto que non sempre os adultos sabemos afrontar.

Trucos de mestres, para non quedar mal coa familia. Ler un conto, propoñer un xogo ou contar chistes. Mesmo amosar interese extraordinario polo mundo infantil.

O éxito depende do activo que sexa o adulto, ten que superar en atractivo unha contorna ideal para o neno.

Noticias web

31/05/2020