CRTVG

Buscar

Triunfos do Numancia e do Zaragoza na xornada de segunda

Publicado o 12/10/2017 17:33

Dos partidos de onte en segunda, destacamos o triunfo do Zaragoza de Borja Iglesias e a vitoria do Numancia. Os sorianos colócanse de líderes xunto ao Sporting.

Camiño a Soria, derrota segura pensou Barça B cando visitou ao Numancia. Agora tan líder como o Spórting. Nos Pajaritos cantan porque vitorias, cinco de cinco, levantan.A última gracias a un penalty que Guillermo transformou non sen dificultades.

O relato do Oviedo este curso e dilapidar vantaxes. Saúl Berjón mereceu os aplausos do fieles ao Tartiere.Despois Juan Villar pilotou a reacción do Tenerife para mandar aos carballóns ao diván.

Uche, aquel dianteiro do Rácing de Ferrol que cando marcaba daba pinchacarneiros...aparcou a celebración pero non o gol. En cinco minutos fixo dous calcados na execución para o Nástic. O  talento do nixeriano superoua un Granada con defensa de celofán.

O Zatagoza gañou sen achega contable do Borja Iglesias. O santigués aparece no inicio da xogada onde Javi Ros converte deixando ao gardameta Dorronsoro co molde.Despois Papunashvili mandouna à rede. Foi inivisible para a cobertura do Lorca.

E o filial sevillista empatou co Cádiz.  Cando se falla en boca de gol, o marcador estampa un cero-cero.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/10/2017