Triunfo importante do Liceo na pista do Reus (1-3) para manterse como líder
Publicado o 10/01/2021 20:11

O Liceo conseguiu o triunfo na pista do Reus, o que hai unha semena foi o seu verdugo da Supercopa de hóckey sobre patíns.
Gran traballo dos liceístas, que ataron de mans un dos mellores conxuntos da OK Liga. A defensa estivo perfecta e en ataque volveu ser decisivo Jordi Adroher, con dous tantos. O outro logrouno César Carballeira. Álex Rodríguez marcou o gol da honra para os locais, distanciados do líder na cuarta posición.
A unha xornada para o remate da primeira volta, o Liceo mantén a vantaxe á fronte da competición á espera de enfrontarse ao Barcelona no primeiro partido da segunda volta.