CRTVG

Buscar

Triunfo do Breogán en Granada e derrota do Basket Coruña co Oviedo

Publicado o 04/11/2019 17:12

Na LEB Ouro, o Leite Río Breogán conseguiu unha importante vitoria en Granada despois de dúas derrotas seguidas. Magnífico o partido dos lucenses no xogo exterior. Aínda así, tiveron que agardar ata o último minuto para asegurar o triunfo.

Tamén contra o final chegou a derrota do Leyma Coruña na súa pista diante do Oviedo. Nun igualado partido, o equipo laranxa pagou as malas decisións nos momentos decisivos. Leyma e Breogán quedan na clasificación con catro partidos gañados e tres perdidos.

Noticias web

04/11/2019