CRTVG

Buscar

Triunfo de Ziérbena nunha xornada de grandes duelos para as traiñeiras galegas

Publicado o 21/08/2021 20:18

Na Liga ACT a traiñeira de Ziérbena conseguiu a vitoria en Ondarroa. O equipo adestrado polo vigués Juan Zunzunegui e con seis galegos dentro do bote titular fixo o mellor tempo en Ondarroa onde gañou a terceira Bandeira da temporada. Foi unha tarde de grandes duelos para as traiñeiras galegas. Tirán estivo a piques de gañarllo a Lekeitio e acabou na novena posición. Ares superou a Zarautz por dúas décimas e evitou a última posición e Cabo tivo unha gran pelexa con Ondarroa e acaboulle levando o sétimo posto.

Noticias web

21/08/2021