CRTVG

Buscar

Triunfo de traballo do Básquet Coruña ante Cáceres (88-77)

Publicado o 29/12/2019 20:52

O partido arrancou con atraso por mor dun problema cun marcador, pero a circunstancia non despistou ningún dos contendentes. Na primeira xogada, Smith machucaba así o aro cacereño. E a seguir eran os visitantes os que castigaban co seu xogo interior. 22-23 foi o parcial do primeiro cuarto. Deses 23 puntos visitantes, 15 foron dos seus pivotes, Joseph e Kuiper.

O do segundo cuarto foi outra historia. Un intercambio de triplas que repartiu acerto, moito acerto, e que mandou o choque apertado ao intermedio. 47-44. Tres arriba os galegos.

Á volta dos vestiarios, o Basket Coruña pegou o primeiro tirón, máis o veteranía de Uriz e de Barrera conseguiron contelo. O choque entrou no último cuarto oito arriba pros locais e nese treito final resultou decisiva a defensa local, comandada por Pecicevicius. Roubo e asistencia aquí pro mate de Smith. 88-77 foi o resultado final. Coruña mantense arriba, na pelexa, e deixa a Cáceres a tres vitorias.

Noticias web

29/12/2019

Máis sobre actualidade