CRTVG

Buscar

Bos días

Triplícase a preocupación dos españois por unha posible independencia de Cataluña, segundo os datos do CIS

Publicado o 06/10/2017 09:33
A preocupación dos cidadáns pola posible independencia de Cataluña triplicouse, segundo o último barómetro do CIS.

O 7,8% dos enquisados sinálana como un dos principais problemas do país. Na enquisa anterior preocupaba ao 2,6%. Só un 6,2% dos enquisados di non sentirse español.

O barómetro elaborouse xusto despois dos atentados de Barcelona. De aí a preocupación polo terrorismo internacional, que sobe ata o 15,6%, once puntos máis que na enquisa anterior. Segundo o barómetro, o paro e a corrupción seguen a ser os principais problemas para os españois.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

06/10/2017