Triplicaban a taxa de alcolemia cando os pararon
Publicado o 24/06/2020 13:05

Axentes da Garda Civil de Tráfico interceptaron nos concellos coruñeses de Dumbría e Bergondo dous condutores que triplicaban a taxa de alcol permitida.
No primeiro caso, trátase dun veciño de Corcubión, de 37 anos, que deu 88 miligramos por litro de aire expirado. A segunda condutora, de 41 anos, deu aínda un nivel maior: 99 miligramos na primeira das probas, case catro veces máis dos 0,25 de límite que marca a lei.