Galicia acolle vinte menores procedentes de Ceuta

Un grupo de 33 menores estranxeiros non acompañados, de orixe marroquí, que permanecían acollidos no centro A Esperanza de Ceuta saíron este mércores da cidade autónoma con destino a Galicia e Estremadura, dentro do proceso aberto para desconxestionar estas instalacións.
Segundo informaron fontes do Goberno autonómico, partiron en dous barcos da compañía navieira Balearia despois de levar varios meses na cidade á espera da obtención dos permisos pertinentes.
Vinte menores diríxense a Galicia e trece a Estremadura. É a quinta saída que se produce desde Ceuta xa que nas dúas últimas semanas oito viaxaron a Castela e León, once ás Baleares e trece a Andalucía.
En total, as comunidades autónomas acollerán 200 menores, tras o acordo alcanzado polo Goberno cos diferentes executivos autonómicos.
O obxectivo é poder liberar as prazas do centro de acollida A Esperanza (onde hai 240 menores), coa intención de trasladar ás dependendias o grupo que entrou ilegalmente en Ceuta os días 17 e 18 de maio, aloxados nunha nave do Tarajal, nun polideportivo cuberto e nun albergue provisional.