CRTVG

Buscar

Trinta anos facendo zapatos artesáns e ecolóxicos

Publicado o 28/07/2020 22:38

En Melide atopamos un taller de zapateiros que levan 30 anos no oficio. Fan un calzado ecolóxico que curten con codia de árbores como o carballo.

Hai zapatos tan famosos que non precisamos ver quen os calza, zapatos tan recoñecibles coma quen os leva nos pés, zapatos protagonistas de cine... ou de bailes memorables. E todos teñen en común que son zapatos únicos. Coma os zapatos feitos á man por unha familia de artesáns que leva trinta anos vestindo pés.

En Melide, na praza do Convento, aínda podemos asistir a ese proceso no taller dos Laia. Alí traballan tres membros da familia. Un deles é Ramón, que leva no oficio desde que era un rapaz de catorce anos. 

Os seus son zapatos que camiñan canda os tempos e canda os gustos. Zapatos, botas, sandalias...  feitos con pel de tenreira e técnicas e tratamentos ecolóxicos. Desde o proceso de curtición vexetal da pel que se fai con codia de árbore durante 20 días.

Zapatos para durar. Montados á man, forrados con pel de la, empalmillados e punteados. Situados en pleno Camiño, están feitos para andar ou para bailar na punta do pé.

 

Noticias web

28/07/2020