CRTVG

Buscar

Trinta anos de Tiananmen

Publicado o 04/06/2019 12:25

A China afronta o trinta aniversario da matanza de Tiananmen entre fortes medidas de seguridade. Ademais de controlar o acceso á praza en que todo ocorreu, tamén se reforzou a censura en Internet e nos últimos días houbo varias detencións de activistas.

Mentres tanto, os Estados Unidos urxe o Goberno chinés a liberar os presos. A represión en que culminaron as protestas estudantís de 1989 na icónica praza da capital segue a ser un tabú no país.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/06/2019