Treves, unha das principais auxiliares do automóbil, retoma a actividade
Publicado o 04/05/2020 15:25
Retomou a súa actividade aquí, no polígono industrial do Campiño, en Pontevedra, para poder subministrar pezas á planta que Volkswagen ten en Portugal. Comezaron a súa actividade ás 6 desta mañá e traballarán en dúas quendas de mañá e tarde cuns 40 operarios diarios.
Este luns consensuaron as medidas de protección que garantan a seguridade dos seus traballadores e xa mañá poderían comezar a fabricar estas pezas para a marca alemá.
Esta auxiliar da automoción, con 150 traballadores fixos, levaba inactiva dende que se decretou o estado de alarma. Arestora están moi pendentes da reapertura da planta de PSA en Vigo e da de Opel en Zaragoza, o que aumentaría a súa carga de traballo para as próximas semanas.