CRTVG

Buscar

Tres viños galegos, galardoados co premio Gran Bacchus de Ouro 2017

Publicado o 20/03/2017 21:03

Os propietarios das adegas premiadas coinciden en sinalar que os viños galegos son cada vez máis recoñecidos

Esta é a adega das Baixas onde se fabrica o viño albariño Finca Valiñas. A súa anada do 2014  acaba de ser distinguida co Gran Bacchus de Ouro na edición deste ano, un galardon moi recoñecido que conta cun prestixioso panel de cata a nivel internacional.

O terreo está situado na vertente máis atlántica do val do Salnés, nun chan granítico. Isto unido á idade do viñedo, di a enóloga da adega, fai que esta uva de albariño sexa difrente.

"Vimos que polas características do terreo, a idade do viñedo e a altura en que estaba pois tiña que facer un viño diferente e especial e é nestes momentos cando se está a recoñecer esas cualidades do viño", di Paula Valiño.

Na Cañiza está a quinta Garabantes. Aquí é onde se colleita a uva do outro albariño con denominación Rías Baixas que logrou o Bacchus de Ouro. Trátase dun viño con moita tradición familiar. O propietario da adega explícanos o que valorou o xurado do certame para darlle este recoñecemento.

"Eu creo que valorou o monovarietal cun cen por cento albariño e despois, por exemplo, a súa sensuallidade a sensibilidade que ten este viño e estar feito con cariño e coas uvas propias da nosa adega, eu creo que iso é o máis valorado e que se nota no bouquet, na persistencia", afirma José Alonso.

O terceiro viño galego premiado co Bacchus de ouro 2017 é o'Gutiian Fermentado en Barrica, un branco con denominación de orixe Valdeorras. Neste certame internacional resultaron galardoados un total de quince viños españois.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/03/2017