CRTVG

Buscar

Tres cruceiros con case dez mil turistas en Vigo no Día Mundial do Turismo

Publicado o 27/09/2019 21:50

Tres transatlánticos atracaron este venres nos peiraos de Vigo, unha fotoque non é habitual pola forte competencia dos portos próximos. As empresas turísticas aproveitan as chegadas de barcos para ofertar excursións ou rutas pola cidade. Os mellores clientes son os británicos e os alemáns.

Case 10.000 cruceristas chegaron á cidade. A chuvia obrigou a moitos a refuxiarse no centro comercial próximo. Entre os turistas hainos que xa coñecen a cidade de anteriores ocasións, e outros que viñan por primeira vez provenientes de Hawai, Rusia, Alemaña ou O Canadá.

Dous dos transatlánticos atracaron nos peiraos da Estación Marítima de Transatlánticos e o terceiro a carón da Xunta de Galicia; para este último habilitouse unha terminal.

Noticias web

27/09/2019