CRTVG

Buscar

Tres traballadores da Deputación de Pontevedra dan positivo en covid-19

Publicado o 24/08/2020 17:17
Tres traballadores da Deputación de Pontevedra dan positivo en covid-19

A Deputación de Pontevedra informou da existencia de tres positivos confirmados por COVID-19 en traballadores da institución provincial, polo que activou os protocolos correspondentes á normativa sanitaria. Diso informou nun comunicado remitido aos medios, onde explica que, no primeiro dos casos, a persona que deu positivo nas probas estaba en período de vacacións e non tivo ningún contacto co resto do persoal.

Nos outros dous, segundo detallou a institución provincial, trátase de persoas que realizan as súas funcións en servizos externos. Ademais, o servizo de prevención da Deputación de Pontevedra tamén informou do seguimento doutro caso, por contaxio dunha persona da súa familia, que está en estudo e á espera das probas preceptivas.