Tres residencias de maiores concentran os 22 contaxios entre usuarios de xeriátricos en Galicia
Publicado o 06/10/2021 16:27

Novos datos da incidencia da covid nas residencias de maiores en Galicia. Nestes momentos hai 22 maiores con coronavirus, seis casos máis que hai unha semana.
Tres centros da terceira idade concentran todos os casos: Sanitas Residencial da Coruña, con 13 maiores enfermos; a DomusVi de Monforte, con 5, e o Residencial Bribes de Cambre, con 4.