CRTVG

Buscar

Tres prisións permanentes revisables e máis de 25 anos para o autor dos crimes de Pioz

Publicado o 05/05/2020 19:44

Tres penas de prisión permanente revisable e outra máis de 25 anos de prisión. Son as condenas que acaban de caerlle ao asasino de Pioz.Patrick Nogueira asasinou o tío, a tía e os seus dous primos, un meniño de 18 meses e unha cativa de 3 anos.

Os feitos ocorreron en agosto de 2016, na casa onde vivían as vítimas, en Guadalaxara. Nogueira xa fora condenado a 25 anos por cada un dos crimes. Pero o Tribunal Supremo estimou o recurso da acusación particular, que pedía un aumento das penas por ser dúas das vítimas especialmente vulnerables.

O Supremo confirma ademais unha indemnización de máis de catrocentos mil euros para os familiares das vítimas e para o dono da casa onde cometeu os crimes.

Noticias web

05/05/2020