CRTVG

Buscar

Tres policías mortos e un ferido ao intervir nun caso de violencia machista en Francia

Publicado o 23/12/2020 13:57

A policía francesa localizou morto o suposto asasino de tres axentes que acudiron a socorrer unha vítima de violencia machista nunha pequena localidade do centro do país.

O home, que feriu outro xendarme, estaba sendo intensamente buscado nun operativo que mobilizou as unidades de operacións especiais da policía.Ocorreu esta pasada noite nunha pequena poboación de 150 veciños do departamento de Puy-de-Dome, no centro de Francia.

Un home de 48 anos, e fortemente armado, recibiu a tiros os axentes que acudiron a atender a chamada de socorro dunha vítima de violencia machista. 

Tres dos xendarmes quedaron mortos e un terceiro ferido nunha perna. A muller conseguiu subirse ao tellado da casa para escapar do seu agresor e saíu ilesa.

Despois de disparar contra os axentes, o home prendeulle lume á vivenda e fuxiu. Poucas horas despois, o seu cadáver apareceu nun lugar non especificado da zona onde estaba sendo intensamente buscado por un amplo dispositivo policial, en que participaban unidades de elite da xendarmería francesa.  O sospeitoso tiña antecedentes por problemas sobre a custodia dun menor.

Noticias web

23/12/2020