CRTVG

Buscar

Tres persoas foron trasladadas ao hospital por un incendio en Vigo

Publicado o 25/08/2020 15:18

En Vigo, tres persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital por inhalación de fume tras o incendio que se declarou esta madrugada. 

Os residentes espertaron sobresaltados cando os bombeiros acudiron a desaloxalos e advertilos do incendio que arrasou por completo unha vivenda situada no sétimo andar, que provocou unha intensa fumareda en todo o edificio.

Os bombeiros tiveron que empregar o coche escaleira para restacar por unha fiestra o inquilino dun piso, que quedou atrapado. Tamén outras dúas persoas foron trasladadas ao hospital Álvaro Cunqueiro por inhalación de fume.

Os veciños do inmoble puideron volver ás súas casas ás 5 da mañá, cando os bombeiros deron o incendio por extinguido. A policía investiga as causas do lume.

Noticias web

25/08/2020