Tres persoas quedaron feridas en Monforte nunha saída de vía
Publicado o 03/06/2020 12:36
Tres perosas quedaron feridas nun accidente de tráfico en Monforte.
O sinistro tivo lugar pouco despois da medianoite na estrada nacional 120. Foi unha saída de vía pola marxe dereita da estrada. Os servizos médicos de urxencias atenderon os tres ocupantes do vehículo, que foron trasladados a un centro hospitalario.