CRTVG

Buscar

Tres novos voos con 334 refuxiados afgáns chegan á base de Rota

Publicado o 02/09/2021 20:00
Tres novos voos con 334 refuxiados afgáns chegan á base de Rota
EFE

Tres voos con 334 evacuados de Afganistán chegaron este xoves á base de Rota, mentres que outro avión sairá esta noite con 250 pasaxeiros rumbo a Estados Unidos, segundo informou a embaixada norteamericana en España.

O operativo do goberno de Estados Unidos continua coa labor de recibir, procesar e dar toda a axuda posible ás necesidades básicas dos evacuados de Afganistán no proceso de reasentamento nos seus destinos definitivos.

Con este tres novos voos, xa son máis de 2.300 as persoas evacuadas de Afganistán que foron acollidos no campamento que o Goberno de Estados Unidos, en colaboración coa Armada española, dispuxo nas instalacións da base aeronaval de uso conxunto de Rota. Ademais, o número de evacuados que partiron rumbo ao país norteamericano elévase a aproximadamente 750 refuxiados afgáns. 

O de hoxe será xa o terceiro dos voos programados polo Departamento de Estado norteamericano, despois dos dous voos que saíron o 31 de agosto e 1 de setembro con 350 e 128 pasaxeiros, respectivamente. 

Segundo o acordo entre os gobernos de Estados Unidos e España para acoller refuxiados procedentes de Afganistán, as bases de Rota e Morón (Sevilla) poden dar cabida a un máximo de 4.000 evacuados á vez polo que aínda hai marxe de espazo para seguir recibindo a máis evacuados. 

Noticias web

02/09/2021