CRTVG

Buscar

Tres novos mestrados reciben as mencións de excelencia da Xunta de Galicia

Publicado o 25/10/2021 21:46

Tres mestrados da universidade da Coruña e Vigo recibiron esta tarde as mencións de excelencia que concede a Xunta de Galicia. Nun acto presidido polo conselleiro de Educación, Román Rodríguez, sinalouse a importancia deste recoñecemento pioneiro en España para impulsar a excelencia das ensinanzas universitarias en Galicia.

Foron tres mestrados, o de Bioinformática para Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña, o de Tradución para a Comunicación Internacional da Universidade de Vigo e o de Biotecnoloxía Avanzada, que se imparte conxuntamente entre a Universidades de Vigo e da Coruña, os que desde hoxe teñen o recoñecemento de excelencia, creado hai só un ano pola Xunta de Galicia para potenciar a calidade das universidades galegas.

É a primeira vez que a mención da excelencia recae nun mestrado de Humanidades. Cos do ano pasado o sistema de Universidades Galegas conta xa con 6 mestrados excelentes.

 

Noticias web

25/10/2021